Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xustiza sentenza que o Estado pague ao Concello de Tui os gastos do desentullo tras a explosión de Paramos

A Xustiza sentenza que o Estado pague ao Concello de Tui os gastos do desentullo tras a explosión de Paramos

O Ministerio de Interior deberá aboarlle un total de 1.276.709,34 euros en concepto de axudas

Contra esta decisión cabe aínda recurso

G24.gal 21/01/2025 19:23

A Audiencia Nacional sentenciou a favor do Concello de Tui (Pontevedra) na reclamación da cantidade íntegra dos gastos do desentullo polo estoupido dunha pirotecnia ilegal no lugar de Paramos en 2018.

O Ministerio de Interior deberá aboarlle un total de 1.276.709,34 euros en concepto de axudas, dos que case 400.000 euros xa foran concedidos.

En 2018, tras a declaración do municipio como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, Tui presentou dúas solicitudes de axudas ante o Ministerio: a primeira, en xuño de 2018, por 389.087,28 euros, foi aprobada, pero a segunda, en marzo de 2019, por 887.622.06 euros, resultou denegada.

A administración central xustificou entón que non eran actuacións “inaprazables” e contra esa decisión recorreu o Concello, a quen agora a Audiencia dá a razón.

O rexedor de Tui, Enrique Cabaleiro, congratulouse pola sentenza da Audiencia Nacional, aínda que avogou por ser "cauto", pois contra ese fallo cabe a presentación dun recurso de casación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade