Abre en Xove un 'glamping' que ofrece aloxarse en burbullas en pleno campo
Son de momento tres esferas, coas mesmas comodidades ca unha habitación de hotel
Contan con telescopio e unha bañeira privada de hidromasaxe
Unhas burbullas de material plástico permiten gozar do campo e de todas as comodidades dun aloxamento de luxo. Trátase dun establecemento turístico situado en Xove, montado por unha parella de emprendedores que aproveitaron as terras do avó de Manuel.
O aloxamento tamén inclúe unha bañeira de hidromasaxe. A climatización é por aerotermia e o cuarto inclúe un telescopio, porque do que se trata é de gozar do entorno.
As burbullas son de momento tres, con nomes relacionados coas etapas luminosas do día: luscofusco, luar e alborada.
Son independentes e inclúen almorzo que deixan no exterior da esfera, para garantir a privacidade.