Cargando resultados...
Galicia promóvese en Fitur como refuxio climático
No expositor de Galicia hai recreado un bosque con 30 especies autóctonas que se plantarán na Cidade da Cultura
G24.gal
23/01/2025 19:43
En Madrid, están na segunda xornada de Fitur, na que Galicia segue amosando a súa oferta turística.
O presidente Alfonso Rueda apoiou a presentación da campaña 'Cando volves?', que promoven os concellos do Camiño Francés.
Rueda tamén estivo na estrea da marca que impulsa a Xunta: 'Galicia, refuxio climático'.
Como mostra, no expositor de Galicia hai recreado un bosque con 30 especies autóctonas, que cando acabe a feira se plantarán na Cidade da Cultura.