Cargando resultados...
Activado o aviso vermello por temperaturas de ata 44 graos en Valencia
Tamén hai risco importante por calor nalgunhas localidades de Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Cataluña e Rexión de Murcia

G24.gal
20/07/2024 09:12
Última actualización 20/07/2024 09:44
A Axencia Estatal de Meteoroloxía activa o aviso vermello entre a unha e as oito da tarde por máximas de ata 44 graos na Comunidade Valenciana. As temperaturas máis altas agárdanse na Costera e no Vall d'Albaida. No litoral serán algo máis suaves.
O risco por calor será importante (aviso laranxa) nalgunhas localidades de Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Cataluña e da Rexión de Murcia, onde os termómetros estarán entre os 38 e os 42 graos nas horas centrais do día.
Ademais hai aviso amarelo na Comunidade de Madrid, na foral de Navarra e nas illas Baleares, con máximas por riba dos 35 graos en moitos puntos.
