Cargando resultados...
Acusan un home de 26 anos de atropelar unha muller en Ourense e fuxir
O home conducía supostamente unha moto polo polígono industrial de San Cibrán das Viñas cando ocorreu o sinistro

G24.gal
27/06/2023 15:53
A Garda Civil de Tráfico investiga un home de 26 anos como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria tras atropelar unha muller cando circulaba polo polígono industrial de San Cibrao, en Ourense.
Segundo fontes da investigación, o home fuxiu tras atropelar a unha muller, cando conducía unha motocicleta, a pesar de carecer de permiso de conducir.
O presunto autor do atropelo é veciño de Ourense e xa está localizado.