Cargando resultados...
Alumnado de FP pon en práctica os seus coñecementos nunha voda
Alumnos de diferentes ciclos da escola de cociña de Vilamarín organizan un evento real
G24.gal
29/02/2024 14:39
Achegámonos á escola de cociña de Vilamarín. Alí están agora mesmo celebrando unha voda para que o alumnado de diferentes ciclos de formación profesional poñan en práctica os seus coñecementos organizando un evento real.
Nico e Carlota casan este 29 de febreiro, e, como toda voda, require de moitos días de preparativos. Hoxe a actividade é frenética.
E non hai cerimonia sen un bo xantar. Ao banquete nupcial para os 40 convidados non lle falta detalle.
Unha práctica real que saíu redonda.