Cargando resultados...
Ana Pontón apoia o traballo da Fundación Arume para preservar os bosques de piñeiros galegos
Ponton lembra que o sector da madeira representa o 1,8 por cento do PIB galego
G24.gal
22/12/2022 17:28
Última actualización 22/12/2022 17:41
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, visitou este xoves a Fundación Arume e gabou o seu traballo para preservar os bosques de piñeiros galegos. Tamén lembrou a importancia que ten en Galicia o sector da madeira, que representa o 1, 8% do PIB do país. Clave, dixo Pontón, para darlle futuro ao medio rural galego.