Cargando resultados...
O BNG proporá no Parlamento que Castelao sexa recoñecido oficialmente como primeiro presidente de Galicia
O BNG proporá no Parlamento que Castelao sexa recoñecido oficialmente como primeiro presidente de Galicia
Ana Pontón asegura que este recoñemento está totalmente xustificado e que é un xeito de reparar a memoria histórica de Galicia
Ana Pontón este sábado en Rianxo, no acto de homenaxe a Castelao
G24.gal
25/01/2025 13:35
Última actualización 25/01/2025 14:01
O BNG levará este martes ao Pleno do Parlamento a súa proposta para que Castelao sexa recoñecido oficialmente como primeiro presidente de Galicia.
Así o anunciou a voceira nacionalista nun acto de homenaxe ao insigne galeguista que se celebrou en Rianxo e que rematou cunha ofrenda floral ante o monumento que lle rende tributo na súa vila natal.
Ana Póntón asegura que este recoñemento está totalmente xustificado e que é un xeito de reparar a nosa memoria histórica.