Cargando resultados...
Aparatoso accidente no polígono industrial de Pocomaco, na Coruña
A cabina do vehículo quedou intacta e o seu condutor saíu ileso

G24.gal
10/01/2025 15:12
Aparatoso accidente no polígono industrial de Pocomaco, na Coruña, pouco antes das dez da mañá, na que un camión perdeu a súa carga, pero no que non houbo que lamentar feridos.
O vehículo, de grandes dimensións, quedou tendido sobre a calzada ao envorcar a carga que transportaba, que era un brazo de guindastre de 20 toneladas e, malia a aparatosidade do sinistro, a cabina do vehículo quedou intacta e o seu condutor resultou ileso.
Hai escasos minutos informaron tamén de que, outro camión, tamén na Coruña, envorcou detrás do colexio Peñarredonda, na zona da Zapateira.