Cargando resultados...
Aparece un arroaz morto nas rochas en Poio
O corpo estaba nunha zona de difícil acceso nas proximidades da praia de Sinás, en Raxó

G24.gal
12/08/2023 16:21
Un arroaz aparece morto nunha zona rochosa da costa de Poio. Varios particulares contactaron coa Policía Local de Poio para informar da presenza do cadáver nun lugfar de difícil acceso, nas proximidades da praia de Sinás.
É un exemplar de 1.90 metros de lonxitude que aínda non era adulto. os axentes avisaron aos biólogos da Coordinadora de estudos Mamíferos Mariños (Cemma) para dar conta da localización. Agora vanse encargar de recoller mostras do cetáceo e ordenar a súa retirada para despois determinar cos restos as causas da morte.
