Cargando resultados...
Aparece un cadáver no interior dun colector de papel na Coruña
O achado produciuse nas instalacións da empresa Utramic
A vítima é un home de 41 anos de orixe marroquí

G24.gal
10/12/2024 11:56
Última actualización 10/12/2024 17:10
A Policía Nacional está a investigar o achado dun cadáver nun colector de papel e cartón na Coruña. O corpo foi localizado na mañá deste martes nas instalacións da empresa Utramic, na estrada de San Pedro de Visma, cando os operarios baleiraban un camión.
Agora investigase a súa procedencia, xa que o vehículo non só presta servizo no municipio da Coruña, senón tamén na súa área metropolitana.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, que acordoaron a zona e abriron unha investigación para determinar as circunstancias do ocorrido.
A vítima é un home de 41 anos de orixe marroquí e que estaba en situación de mendicidade.