Cargando resultados...
Aparece un home morto na estrada entre Ordes e Cerceda
O corpo ten sinais compatibles cun atropelo violento, pero descoñécense as circunstancias do suceso

G24.gal
24/02/2023 23:10
Última actualización 25/02/2023 09:00
Un home de 58 anos apareceu morto esta noite en Ordes na estrada que une a vila con Cerceda.
O achado produciuse na zona de Mercurín sobre as dez e media da noite.
Crese que o home foi atropelado pero polo de agora descoñécense as circunstancias que rodean o accidente.
Os equipos sanitarios desprazados á zona non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Ata o lugar do accidente acudiron os Bombeiros de Ordes, a Garda Civil de Tráfico e efectivos do 061.