Cargando resultados...
Apuntan a implicación de Putin na derruba do MH17
Os investigadores cren que autorizou o envío dos mísiles aos separatistas prorrusos
298 persoas morreron no ataque ao avión de Malaysia Airlines en 2014

Antón Montero
08/02/2023 19:11
Última actualización 08/02/2023 19:58
A investigación sobre a derruba dun avión de pasaxeiros sobre Ucraína en 2014 apunta á implicación directa de Vladimir Putin.
O equipo internacional que investiga o caso amosou conversas interceptadas entre os separatistas prorrusos e funcionarios daquel país. Nelas, cítase a autorización do presidente ruso ao envío de mísiles como o que derrubou o avión de Malasian Airlines, matando os seus 298 pasaxeiros.
A pesar destas probas, os investigadores explicaron que a inmunidade de Putin impide presentar contra el unha acusación formal.