Cargando resultados...
Arrinca a xira galega da mostra que reivindica a figura do galeguista Xosé Velo
O político, escritor e activista rematou os seus días no exilio, loitando contra a ditadura de Franco

G24.gal
01/10/2022 19:32
Última actualización 01/10/2022 20:12
Arrinca a xira galega de Love Velo, a exposición que percorre a vida e obra dun dos grandes nomes do galeguismo, Xosé Velo. Tras iniciar o percorrido na súa terra natal, en Celanova, este sábado inaugurouse en Sabarís, no concello de Baiona.
A exposición, que se completa cun libro de textos escollidos e un documental, reivindica a figura deste político, escritor e activista que foi un dos impulsores das Mocidades Galeguistas, con motivo do 50 aniversario do seu pasamento.
Xosé Velo rematou a súa vida no exilio, en Venezuela e no Brasil, onde seguiu loitando contra a ditadura de Franco.