Cargando resultados...
Arriscada persecución policial polas rúas de Sevilla
Dúas persoas foron detidas tras fuxiren ás carreiras nun coche polas rúas hispalenses
Félix Aragunde
25/01/2024 20:28
Última actualización 25/01/2024 20:34
Unha arriscada persecución policial tivo lugar por varias rúas de Sevilla. Dúas persoas fuxiron ás carreiras e puxeron en grave risco a súa integridade, a dos ocupantes dos demais vehículos e incluso a dos viandantes.
Finalmente, os fuxitivos tiveron que saír do coche e escapar a pé, aínda que non tardaron en ser detidos.