Publicador de contidos

Publicador de contidos

As aseguradoras tentan cuestionar algunhas secuelas dos feridos no accidente do Alvia

As aseguradoras tentan cuestionar algunhas secuelas dos feridos no accidente do Alvia

Os peritos que testifican a petición do seguro do ADIF desvinculan do sinistro a orixe ou a evolución dalgunhas doenzas das vítimas 

O especialista que atendeu unha ferida grave que precisou 5 operacións recalca o dano moral que supoñen as intervencións reiteradas

G24.gal 29/03/2023 14:24

A sesión do xuízo do Alvia deste mércores centrouse en acreditar os dereitos de compensación da parella dunha das vítimas mortais. Ata o momento os adiantos achegados polas aseguradoras neste caso só os cobrou a familia de orixe, porque pese a levar uns dez anos de convivencia, a parella non formalizara legalmente o seu vínculo.

O outro caso visto esta mañá no Gaiás evidenciou de novo as disparidades entre os forenses de cada parte e puxo de manifesto que case dez anos despois do accidente é máis difícil precisar as valoracións derivadas daquelas "feridas de catástrofe".

A defensa da aseguradora do Adif tenta aproveitar ao seu favor o tempo transcorrido para poñer en cuestión algunhas das secuelas que sofren as vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade