Cargando resultados...
As caras detrás dos deportes electrónicos: Víctor Couto
O pontevedrés traballa como técnico audiovisual

G24.gal
25/02/2023 16:38
Última actualización 25/02/2023 17:13
Como acontece no deporte tradicional, os ‘e-sports’ tamén precisan de toda unha serie profesionais máis alá dos propios competidores. Realizadores, operadores de cámara, cásters…
Hoxe na sección de deportes electrónicos do #GaliciaEnXogo estivemos con Victor Couto. O pontevedrés é técnico audiovisual na produtora Volvemos a Primera e compaxina a súa faceta laboral coa creación de contido a nivel individual.
Un dos temas que tratamos foi o número de horas necesario para competir profesionalmente, pero tamén o factor talento.