Cargando resultados...
As fianzas chegan ás prazas de abastos para evitar plantóns
Os praceiros denuncian as perdas económicas dos plantóns de última hora
G24.gal
27/12/2024 14:08
En datas coma estas, un plantón de última hora pode deixar os vendedores con centos de euros en produtos frescos sen vender. Por iso son moitos os que xa comezaron a adoptar unha medida: cobrar por adiantado unha pequena cantidade, sobre todo cando se trata de grandes pedidos de peixe ou de marisco que proceden de clientes que non son habituais.