Cargando resultados...
As pantallas de Xinzo tamén marcan as normas no domingo de Entroido
Despois de case un mes de xolda, a xente bótase á rúa con ganas de máis
G24.gal
27/02/2022 14:31
O Entroido entra na súa recta final con este domingo grande. Xinzo de Limia leva case un mes de festa, pero as forzas non fraquean e a troula continúa.
A xente sae á rúa disfrazada a primeira hora e nunca sabe cando vai volver para a casa. O maxín triunfa na escolla das vestimentas e personaxes que sorprenden en cada recuncho da vila.
As pantallas marcan a lei do Entroido co bater das súas vexigas de vaca infladas. Saíron hai unha semana por vez primeira, no domingo corredoiro, e hoxe volven ser as protagonistas.
Co enterro da sardiña, o mércores de cinza, remata a festa. Polo momento, aínda quedan tres días de xolda.
