Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas andan en procesión arredor do lume na festa dos Fachos de Castro Caldelas

Milleiros de persoas andan en procesión arredor do lume na festa dos Fachos de Castro Caldelas

A orixe da celebración remóntase a un andazo de peste no século XVIII, e atrae cada vez máis visitantes de todo o mundo

O fachón deste ano medía 35 metros e estivo acompañado por cincocentos pequenos fachos que portaban os veciños da vila

G24.gal 19/01/2025 21:31

Antes de que todo arda, ducias de voluntarios traballan nos preparativos dunha celebración declarada de interese turístico. O principal, a preparación do facho, que este ano acada os 35 metros, feito con palla de centeo cultivada adrede para a festa.

Outros ingredientes fundamentais son os chourizos e o viño. Na porta do Concello serven os vales de comida e bebida, tres euros cada vale para o chourizo e dous euros por unha cunca de viño conmemorativa da festa, que pode encherse de balde cantas veces se desexe.

Máis de catro mil persoas xúntanse arredor do lume en Castro Caldelas na súa festa principal, que atrae cada vez máis visitantes. "Estamos sorprendidos da cantidade de xente que vén de distintos países, algúns con intención de estudar e investigar sobre esta festa e outros co propósito de gozar dela", comenta Sara Inés Vega, alcaldesa da vila.

A orixe desta singular celebración remóntase ao século XVIII, cando tras un andazo de peste que asolou a vila os veciños queimaron as roupas e os avíos infectados. Encomendáronse daquela a San Sebastián. Dende entón, unha imaxe do santo feita en palla arde na cacharela final, no adro da igrexa, a onde volve a procesión logo de pasear pola vila os fachos envoltos en lapas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos