As temperaturas mínimas, por baixo dos sete graos negativos en Ourense
As temperaturas mínimas mantéñense este xoves por baixo dos cinco graos negativos en Ourense e Lugo, alcanzado os -7,4º en Calvos de Randín (Ourense) ás 5:00 horas

As temperaturas mínimas mantéñense este xoves por baixo dos cinco graos negativos en Ourense e Lugo, alcanzado os -7,4º en Calvos de Randín (Ourense) ás 5:00 horas.
Segundo recolle Meteogalicia, as mínmas máis baixas alcanzáronse en Verín, con -6,6º ás 9:00 horas, e en Xinzo, con -6,3º tamén ás 9:00 horas. En Sarria (Lugo) rexistráronse -5º ás 8:30 horas e en Baltar (Ourense), -4,6º ás 4:20 horas.
Esta madrugada, as temperaturas máximas rozaron os 10 graos. Así, Poio rexistrou 11,9º á 1:10 horas e foi a máis alta, pois o resto movéronse por baixo dos 10º. Cuntis, 10,1º; Oia, 10º; Vigo e Fornelos de Montes, 9,9º.
Esta madrugada, as temperaturas máximas aumentaron lixeiramente. Así, Cedeira rexistrou 12,2º ás 8:50 horas; Poio, 11,8º á 1:20 horas, e Fornelos de Montes, 11,8º ás 9:50 horas.
Para este xoves activouse unha alerta amarela por baixas temperaturas, que permanecerá activa ata as 12:00 horas para as provincias de Lugo (interior) e de Ourense.