Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vías do tren atravesan a vila de Parga con tres pasos a nivel

As vías do tren atravesan a vila de Parga con tres pasos a nivel

Os veciños reclaman a supresión destes puntos e a construción dunha variante

Félix Aragunde 14/07/2023 14:03

A vía do tren atravesa Parga dun extremo a outro, e con iso esta é unha das vilas galegas máis afectadas pola presenza de pasos a nivel. De feito, dos 144 cruzamentos deste tipo que hai en todo o país, tres están aquí.

Os dous que hai no centro teñen barreiras. A estes hai que sumar un terceiro, xa ás aforas, que conta cun semáforo. A seguridade da veciñanza depende, por tanto, do seu correcto funcionamento.

Afonso Losada, Plataforma Parga non se Divide: "Hai pequenos incidentes, moitos deles causados precisamente por avarías e por falta de mantemento. Algunha vez ten pasado que un camión lle deu un golpe a unha barreira e tirouna. Cousas dese tipo".

Co fin de reducir ao máximo o risco de atropelo, os veciños de Parga levan anos reclamando a supresión dos pasos a nivel. Din que a creación de pasos elevados ou subterráneos melloraría a súa seguridade, aínda que sinalan que o idóneo sería a construción dunha variante.

Afonso Losada, Plataforma Parga non se Divide: "Nós entendemos que o único xeito de manter a cohesión social, económica e urbanística da vila é unha variante. Non queda outro remedio que sacar a vía do medio".

Aínda que o ferrocarril divide en dous a vila, actualmente os veciños de Parga apenas se benefician deste servizo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade