Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha réplica da Nao Victoria, primeira embarcación en dar a volta ao mundo, pode visitarse en Vigo

Unha réplica da Nao Victoria, primeira embarcación en dar a volta ao mundo, pode visitarse en Vigo

Ata o domingo estará no peirao de trasatlánticos para dar a coñecer a grande aventura de Magalhães e Elcano

A Nao Victoria atracada no Porto de Vigo
G24.gal 08/09/2023 14:49

O primeiro que chama atención é o seu tamaño. Con só 26 metros de eslora e 6 de manga, a Nao Victoria foi a primeira en dar a á volta á Terra hai 500 anos. Nela viaxaban unhas 40 persoas.

"Non é moi grande, non é moi espazoso, debeu de ser bastante complicado, si, e non moi cómodo, pero é bonito", comenta un visitante.

A que se pode visitar dende hoxe e ata o domingo no peirao de trasatlánticos de Vigo é unha réplica feita á escala. Esta tamén deu a volta ao mundo no 2004 e segue navegando para dar a coñecer a grande aventura de Magalhães e Elcano.

 "Foi a grande aventura, similar ou superior a chegar á Lúa, foi un barco que foi quen de dar a volta ao mundo e de demostrar que era circular", explica Eduardo Amondo, mariñeiro voluntario da Nao Victoria.

Dende hoxe e ata o domingo pódese visitar e comprobar de primeira man como era a navegación e a vida a bordo.

"Coñecen moito sobre como era a navegación daquela, como vivía a xente, onde durmían, onde ía a carga acomodada e moitos outros detalles que son moi interesantes aquí a bordo", apunta Brenda Parra, xefa do proxecto.

"Sorpréndeme daqueles tempos como sobrevivían principalmente nestas situacións que tiñan que ser dramáticas", conta outro visitante.

Despois de facer escala noutros portos de todo o mundo, a Nao Victoria chega a Vigo para continuar coa súa faceta divulgadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade