Atascos en Vigo polo arranxo dunha fochanca na Gran Vía
Os colapsos prodúcense no carril ascendente dende a rúa Urzaiz e chegan ata a autoestrada

As obras da Gran Vía de Vigo están a poñer a proba a paciencia dos condutores. Os colapsos prodúcense no carril ascendente dende a rúa Urzaiz e chegan ata a autoestrada.
"A fochanca abriuse hai dous meses, e dende entón estivo delimitada cun valado. Atópase no medio da calzada, nunha das principais arterias da cidade, e supoñía un perigo para a condución. Realizouse unha reparación preliminar, pero en dous días volveuse abrir o buraco. Unha vez iniciadas as obras definitivas, comezaron os atascos".
Os traballos obrigaron a cortar dous carrís cara á praza de España, que permanecerán pechados durante toda a semana.
Nos comercios da Gran Vía tamén se queixan dos trastornos das obras.
O Concello recomenda aos condutores que eviten subir pola Gran Vía e que fagan un rodeo pola rúa Vázquez Varela.