Cargando resultados...
Atopan dous fardos nunha praia de Cambados, pero descartan que sexan de cocaína
Comprobouse que contiña fariña e bólas de poliespán

G24.gal
22/04/2024 11:32
Última actualización 22/04/2024 14:22
A Garda Civil recibiu un aviso á primeira hora deste luns da aparición de dous fardos na praia de Tragove, no concello de Cambados, que se descarta que sexan de cocaína.
Aínda que a substancia podería ter aparencia de cocaína, a proba reactiva deu negativo. Posteriormemte comprobouse que contiñan unha capa exterior dunha especie de fariña e bólas de poliespán. Os fardos pesaban sobre uns 20 quilos cada un.