Cargando resultados...
Atopan o corpo sen vida dun home no río Miño nas Neves
O suceso ocorreu dez minutos antes das 19:00 horas, preto da área recreativa de Santa Mariña

G24.gal
01/08/2024 20:08
Última actualización 01/08/2024 21:33
Os tripulantes dunha embarcación atoparon este xoves o cadáver dun home aboiando no río Miño á altura das Neves.
O suceso ocorreu dez minutos antes das 19:00 horas, preto da área recreativa de Santa Mariña.
Os xestores do 112 Galicia informaron rapidamente o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Comandancia Naval do Miño, aos Bombeiros-GES de Ponteareas e á Garda Civil de Pontevedra.
Nestes intres, os servizos de emerxencia están traballando na recuperación do corpo do varón.