Atopan un home falecido no interior da súa casa no Barco de Valdeorras
Foi a coidadora do falecido quen o encontrou na vivenda, rodeado de fume

Unha muller atopou este luns á mañá un home falecido no salón da súa casa, na que había fume, no Barco de Valdeorras.
Segundo informa o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu a alerta sobre as 13:00 horas do mediodía a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tal e como indicaba este servizo, a coidadora do home atopouno morto no salón da vivenda, situada en rúa da Rubia. Ademais, a muller deu conta dunhas cadeiras calcinadas, pero sinalou que, cando chegou ao lugar, xa non ardía nada.
Así, tras recibir o aviso, o 112 solicitou a intervención do GES de Valdeorras, da Policía Local e da Garda Civil, que se desprazou ata o lugar. As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.