Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta o alugueiro de piscinas particulares por días

Aumenta o alugueiro de piscinas particulares por días

Unha aplicación de teléfonos móbiles contacta a propietarios de piscinas con interesados en gozar dunha xornada a remollo

Custa 15 euros media xornada, 20 o día completo ata 20 persoas

G24.gal 10/07/2022 20:31

Con esta calor, aumenta o alugueiro de piscinas privadas por horas ou por días. Púxose de moda, sobre todo entre pandas de xente nova, a través dunha aplicación de teléfonos móbiles que contacta a propietarios de piscinas con interesados en gozar dunha xornada a remollo.

David Carreira, as súas amigas e amigos, querían facer este domingo unha festiña e ante as previsións de calorazo non podían faltar unhas boas bañaduras, ao non teren piscina propia, decidiron alugarlla a un particular.

Contan ademais cun amplo xardín, zona chill out, hamacas, barbacoa... Ata teñen a súa disposición a leña para a barbacoa e unha chea de enredos.

Os propietarios da piscina desta casa dunha aldea do concello ourensán de San Cibrao das Viñas afánanse para que non lles falte nada aos seus inquilinos. Tralo confinamento, acondicionárona e puxérona en alugueiro na APP específica.

Así foron moitos xa os que contactaron a través da aplicación co dono da piscina para poder facer aquí as súas reunións sociais. Custa 15 euros media xornada, 20 o día completo ata 20 persoas. Ambas partes están encantadas. A plataforma de alugueiro de piscinas naceu no 2017 pero disparouse a súa demanda coa pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade