Aumenta o uso de teléfonos móbiles entre menores de 10 a 15 anos
Profesionais da psicoloxía advirten do risco do uso inapropiado destes dispositivos
Segundo datos do IGE, o 64 % da poboación infantil galega nesta franxa ten móbil
É o obxecto máis habitual en persoas de calquera idade, aínda que os profesionais da psicoloxía aconsellan que non se utilicen por debaixo dos doce anos.
Entre os cativos o seu uso debera ser progresivo porque fóra da función de teléfono, un móbil supón unha ventá aberta o mundo. O idóneo é acompañar e ensinar, facendo especial fincapé no acceso ás redes sociais.
A precocidade no uso do teléfono móbil en menores pode supoñer problemas de adicción ou acoso se non se fai un uso responsable da tecnoloxía.
Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o 64 % da poboación infantil entre os 10 e os 15 anos tiña teléfono móbil no 2022, cinco puntos máis ca no 2021.