Cargando resultados...
Aumentan as ocupacións ilegais en Galicia e en España no 2021
En Galicia ocupáronse ilegalmente catro vivendas por semana en 2021, segundo o Ministerio de Interior

G24.gal
06/06/2022 20:39
En Galicia ocupáronse ilegalmente catro vivendas por semana durante o ano pasado, segundo os datos do Ministerio de Interior.
Isto supón un aumento do 15 % con respecto ás que se produciron en 2020. Tamén aumentaron as ocupacións ilegais no resto de España e rexistrouse un incremento do 16 % en 2021, con respecto ao anterior. Cataluña é onde máis ocupacións se produciron e Canarias onde menos.