Cargando resultados...
Autorizan a toma dunha mostra xenética ao exmozo de Déborah Fernández
A titular do Xulgado de Instrución número dous de Tui accedeu a que se compare cos restos atopados xunto ao cadáver de Déborah

G24.gal
30/06/2023 12:56
A titular do Xulgado de Instrución número dous de Tui accedeu a que se tome unha mostra xenética ao exmozo de Déborah Fernández.
É o único investigado na causa xudicial pola desaparición e morte da viguesa hai máis de dúas décadas, que non se opuxo a esta petición solicitada polo equipo legal da familia da vítima para que se compare cos restos atopados xunto ao cadáver de Déborah.