Avogados das vítimas e das aseguradoras seguen confrontando os peritos no xuízo do Alvia
A sesión deste xoves centrouse sobre todo nos criterios de avaliación psicolóxica
A maxistrada limitou o debate dos letrados, pero admitiu todas as achegas dos especialistas sobre a depresión e o estrés postraumático
O xuízo do Alvia está a piques de cumprir catro meses e medio. Na sesión deste xoves volveu haber unha intensa confrontación entre os avogados das vítimas e os das aseguradoras sobre as cualificacións que fan os distintos peritos.
A maxistrada puxo freo a algúns cuestionamentos que os letrados facían sobre as achegas dos especialistas e mantivo o dereito a confrontación das distintas visións periciais.
Unha xornada máis volvéronse manifestar as discrepanciais, especialmente á hora de avaliar aspectos relacionados coa depresión maior e o trastorno de estrés postraumático.