Cargando resultados...
O Concello de Barreiros prohibe o uso de auga para actividades non esenciais
Non se poden regar xardíns, encher piscinas ou lavar coches na rúa

G24.gal
30/07/2023 19:11
Última actualización 30/07/2023 21:09
O Concello de Barreiros detectou deficiencias no abastecemento de auga a determinados núcleos nas horas de maior consumo.
Había certa esperanza posta na choiva, pero non dá chegado e, por iso, prohibiuse o uso da auga para actividades non esenciais.
Segundo o bando municipal, o incumprimento da prohibición pode implicar sancións económicas e mesmo o corte da subministración.
O Concello apela a un uso responsable dos recursos hídricos. Comparando con outros veráns, o consumo está sendo moi superior.