Contido coa etiqueta .
Seca

Activada a prealerta por seca na contorna de Pontevedra ao descender o caudal do río Lérez
28/08/2024 15:56
Augas de Galicia recomenda un consumo responsable e, aínda que non impón restricións á auga, pide aos concellos que adopten medidas
Os concellos afectados son: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, Marín, Meaño, Moraña, Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo

Freixenet presenta un ERTE que afectará a 615 persoas pola crise causada pola seca
23/04/2024 09:17
Non se aplicará a traballadores da área comercial e, en función da área de actividade, terá unha afectación dun 20 % a un 50 %

Decretado un novo estado de excepción en Ecuador pola grave crise enerxética
20/04/2024 08:36
O encoro de Mazar, o segundo máis grande do país, non ten o nivel suficiente de auga para traballar con normalidade

A Generalitat instalará unha desalinizadora flotante no porto de Barcelona
18/04/2024 12:44
O obxectivo é conseguir "máis recursos" hídricos para abastecer a poboación ante a seca
A desalinizadora comezará a funcionar en outubro e producirá 14 hectómetros cúbicos máis de auga ao ano

Pedro Sánchez dálle a "máxima prioridade" á seca
14/02/2024 17:18
O presidente do Goberno compromete un "investimento histórico" de 5.000 millóns para modernizar os regadíos

Teresa Ribera asegura que levar barcos de auga a Cataluña "non é sostible no tempo"
06/02/2024 10:34
A ministra subliña en Radio Nacional a importancia de investir en desalación, reutilización e mellora das infraestruturas
Ribera abordará co presidente da Junta de Andalucía a situación nesa comunidade

O Goberno e Cataluña acordan financiar dúas novas desalgadoras para afrontar a seca
05/02/2024 14:55
As instalacións desalinizadoras de auga estarían dispoñibles en 2028
A curto prazo, barcos levarán auga desalgada a Cataluña desde o porto de Sagunto, en Valencia

Aragonés agarda colaboración máxima para o transporte de auga a Cataluña
04/02/2024 14:16
O presidente valenciano pide garantías por escrito de que non sairán prexudicados
Teresa Ribera reúnese o luns con membros da Generalitat de Cataluña

Cataluña declara a emerxencia por seca para preto de seis millóns de persoas
01/02/2024 12:14
Veranse afectados 202 municipios que estaban en preemerxencia, incluídas Barcelona e Xirona coas súas áreas metropolitinas
A medida contempla restrición de auga para o consumo e para hixiene e a prohibición da rega en xardíns botánicos

O Goberno e a Xunta de Andalucía alcanzan un acordo sobre Doñana
26/11/2023 18:26
Ambas as dúas partes levaban mes e medio negociando o futuro dos terreos situados ao norte da coroa forestal do parque

A choiva permite desactivar a prealerta por seca en zonas da Coruña e Pontevedra
25/10/2023 15:18
A Oficina Técnica da Seca agarda que aumenten as precipitacións nas vindeiras semanas
A ocupación dos encoros de abastecemento de Galicia Costa atópase 5,52 puntos por riba do mesmo período do ano 2022

Alerta por seca no río Anllóns, da costa da Coruña a Arteixo
09/10/2023 16:22
Mantense a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña

A seca afecta os encoros galegos, que teñen unha reserva do 64 %
08/10/2023 14:20
Neste momento só está en alerta o de Cecebre, que se atopa por debaixo do 45 %
Pero tan preocupante coma a situación dalgúns encoros son os territorios que se abastecen dos ríos

Decretan a alerta por seca no sistema de río Mero, Arteixo e na ría da Coruña
27/09/2023 16:06
A Xunta explica que se tomou a medida con carácter preventivo tras analizar a situación do encoro de Cecebre, que abastece á Coruña e parte da comarca, cunha ocupación actual do 46,95 %

Augas de Galicia prevé manter o nivel de prealerta por seca en setembro
09/09/2023 09:11
A directora da entidade pública asegura que as precipitacións caídas polas treboadas "non son significativas"

A seca en Castela duplica o prezo da palla e obriga os gandeiros a buscar alternativas
29/08/2023 15:40
Castela e León, o principal fornecedor de palla para as granxas galegas, rexistrou a peor colleita de cereais no que vai de século
A pouca palla que se pode atopar no mercado pasou de 90 a 200 euros a tonelada e é de peor calidade
Os comerciais de materias primas xa están a buscar palla en Francia e noutros países de Europa

A falta de auga, causa máis probable da morte de troitas no río Miño en Lugo
29/08/2023 12:54
A escaseza de chuvia deste ano fai que en moitos puntos sexa posible cruzar o Miño camiñando
.png)
A zona do alto Miño e a do baixo Sil están en prealerta por escaseza de auga
27/08/2023 19:12
Os caudais dos ríos están en Galicia un 19,4 % por debaixo da media histórica
As reservas nos encoros están ao 63,5%

O temor á seca incrementa a demanda de facer pozos
25/08/2023 16:21
Empresas do sector aseguran que teñen dificultades para cubrir a demanda

Os concellos de Betanzos e Bergondo intensifican as medidas para facer fronte á seca
23/08/2023 21:54
Non encher piscinas, lavar coches só nos establecementos habilitados e reducir os regos son algunhas das medidas

Atasco de barcos na canle de Panamá pola seca prolongada
23/08/2023 21:43
A escaseza de auga cuadriplica o tempo das operacións nas exclusas

A Xunta amplía a prealerta por escaseza de auga á zona de Pontevedra e Camariñas
23/08/2023 11:49
A Pontevedra e Camariñas súmanselles as que xa estaban: A Coruña, Baiona e Carballo
Continúa activada a situación de seca prolongada no norte de Galicia, desde a zona do río Mero, na Coruña, ata a ría de Ribadeo

Lugo, Carballo e Ribadeo implantan medidas preventivas de aforro de auga
17/08/2023 14:17
En Lugo diminuirán nun 30 % o volume de auga empregada para regar xardíns e nun 50 % o destinado ao baldeo das rúas
En Ribadeo prohíbese encher piscinas, regar, facer baldeos ou lavar vehículos e fachadas
En Carballo pecháronse as fontes decorativas e eliminarán os baldeos e reducirá as regas nas zonas verdes

A seca provoca perdas económicas nas granxas extensivas
15/08/2023 13:59
Xa se están a utilizar as forraxes que se ían usar no outono
Prados secos e falta de auga poñen en risco as explotacións

Galicia vixía as súas reservas de auga e activa medidas antes de entrar en "risco efectivo"
13/08/2023 12:49
"É un toque de atención", apunta o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil apela aos concellos a tomar medidas para aforrar auga por se a seca se prolonga

Nin encher piscinas, nin lavar coches, nin regar xardíns: A Coruña pecha a billa pola seca
10/08/2023 16:53
O encoro de Cecebre, que abastece a cidade, rexistra nestes momentos o nivel máis baixo dos últimos dez anos por estas datas

A Coruña reducirá os baldeos e regas e prohibirá o lavado de coches pola seca
08/08/2023 17:11
Tamén se limitará o enchido das piscinas e pechará as fontes decorativas

A Xunta declara a seca prolongada nas concas da Coruña, Ferrol e A Mariña
07/08/2023 14:36
Situación de seca prolongada en 9 dos 19 sistemas de explotación de concas de competencia autonómica

Cortes de agua ante a falta de choiva e os baixos niveis nos pantanos
04/08/2023 09:22
A pesar das precipitacións de maio e xuño, en España os niveis dos encoros seguen bastante por baixo da media dos últimos dez anos

O Concello de Barreiros prohibe o uso de auga para actividades non esenciais
30/07/2023 19:11
Non se poden regar xardíns, encher piscinas ou lavar coches na rúa

Prealerta por escaseza de auga nas presas de Cecebre e Baiona e no río Anllóns
22/07/2023 13:56
A Xunta pide un consumo responsable e anima a adoptar medidas de aforro

A seca dispara os prezos da sandía e o melón aínda que se agarda que baixen a semana que vén
20/07/2023 16:54
En breve chegará a colleita de Castela León e iso fará que se abaraten

A ocupación do encoro de Cecebre é case un 20 % inferior que hai un ano
09/07/2023 13:59
A Xunta mantén a presa baixo vixilancia especial e pide un consumo responsable

Galicia afronta o verán sen risco de seca, pero preocupan os encoros de Cecebre e Baiona
07/07/2023 14:40
Na Consellería de Infraestruturas din que a situación non é preocupante e que a subministración está garantida

Tractorada en Madrid para pedir medidas contra a "ruína" do campo
05/07/2023 11:36
Esixen axudas para afrontar a seca e os elevados custos de produción

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil deseña un novo plan contra a seca
14/06/2023 16:21
O plan especial contra a seca que pretende mellorar a eficiencia na xestión e subministración da auga
Pretende garantir un ben básico ante as estimacións que prevén unha redución considerable das precipitacións nos vindeiros 15 anos

O Congreso valida o decreto lei que establece 2.190 millóns en axudas para a seca
07/06/2023 13:00
O ministro Luis Planas defende as medidas para garantir "a seguridade do aprovisionamento alimentario e a continuidade da actividade produtiva"
PP e Vox aseguran que as accións fronte a seca son electoralistas e escasas

España pídelle a Bruxelas que mobilice a reserva agrícola pola seca
30/05/2023 12:30
O ministro de Agricultura, Luis Planas, asegurou que a seca ten consecuencias directas sobre os pastos para a alimentación animal, as colleitas e o regadío

A seca fai perigar as colleitas de horta e das árbores froiteiras
29/05/2023 18:09
Desde a Universidade de Santiago, coordínase un plan internacional co que se pretende adaptar os sistemas agrarios ao cambio climático

Remite a chuvia torrencial no Mediterráno, pero seis comunidades seguen en alerta
24/05/2023 13:59
A Comunidade Valenciana, a máis afectada, reabriu as escolas pechadas, mentres os labradores agradecían a chuvia despois de tantos meses de seca