Publicador de contidos

Publicador de contidos

Berta Dávila, Antía Otero e Ledicia Costas, entre as galardoadas cos Premios Follas Novas

Berta Dávila, Antía Otero e Ledicia Costas, entre as galardoadas cos Premios Follas Novas

A autora mexicana Lydia Cacho, perseguida polo seu activismo social, foi recoñecida como Escritora Galega Universal

G24.gal 22/04/2023 21:23 Última actualización 22/04/2023 21:42

A gala do libro Follas Novas celebrouse esta tarde en Santiago e nela premiáronse as mellores obras en galego nas distintas disciplinas e xéneros.

Autores, editores e libreiros están detrás desta iniciativa e entre as galardoadas hoxe figuran Berta Dávila en narrativa, Antía Otero en poesía, Paula Carballeira en teatro e Ledicia Costas en literatura infantil.  Tamén foron recoñecidas Eva Mejuto por partida dobre, Daniela Ferrández Pérez coa mellor achega en ensaio e as traballadoras das bibliotecas municipais da Coruña no ámbito da promoción da lectura.

Estes galardóns teñen carácter honorífico e non levan aparellada dotación económica. Nesta edición, os premios de honra foron para Edicións do Castro, a libraría compostelá Númax e a autora mexicana de orixe galega Lydia Cacho, que foi nomeada Escritora Galega Universal. Con este último recoñecemento, a Asociación de Escritores en Lingua Galega destaca cada ano aqueles autores que unen á excelencia literaria o compromiso  ético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade