Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cada vez máis restaurantes adaptan os seus menús ás intolerancias e ás alerxias

Cada vez máis restaurantes adaptan os seus menús ás intolerancias e ás alerxias

Con opcións sen glute para os celíacos, constátase unha progresiva adaptación do sector 
 

Detalle dunha declaración de alérxenos na carta dunha arrocería
Félix Aragunde 02/01/2025 20:19 Última actualización 02/01/2025 20:52

Dende as opcións tradicionais ata a cociña internacional, cada vez son máis as alternativas que ofrecen os restaurantes para as persoas celíacas. Segundo sinalan os profesionais do sector, trátase de garantir unha experiencia culinaria segura sen renunciar ao sabor nos seus pratos.

Armando Méndez, hostaleiro: "Na nosa carta case todos os arroces poderían comelos. E moitos dos pratos que temos están adaptados para quen non pode comer glute".

Ademais da celiaquía, existen outras doenzas que condicionan o benestar dos comensais, como é o caso das intolerancias alimentarias. Non provocan a reacción do sistema inmunolóxico, como ocorre coas alerxias, pero si a do sistema dixestivo, coas conseguintes molestias.

Fernando Aceiro, médico experto en nutrición: "Noutras enfermidades, o paciente ten molestias que non causan ningún proceso importante. Sen a enzima que dixire a lactosa, vai haber unha intolerancia, pero a celiaquía é un proceso inmunolóxico crónico".

No tocante ás alerxias, unha das principais preocupacións dos restaurantes é evitar as trazas de alérxenos nos pratos que preparan. De feito, a presenza de catorce delas son actualmente de declaración obrigada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade