A hostalaría ultima os preparativos para celebrar o cambio de ano
Cóidanse todos os detalles para xustificar tamén prezos elevados nos menús máis exclusivos
Hoteis, restaurantes e salas de festa xa últiman os preparativos para as ceas e as galas de Noitevella. Son eventos especiais nos que os establecementos coidan ata o último detalle durante días para pechar o ano da mellor maneira posible.
Entradas e aperitivos variados e sofisticados e a isto lle sumamos un pouco de xamón ibérico, a robaliza salvaxe, un sorbete de mojito, cordeiro de leite, milfollas de sobremesa, bodega, turróns, café e licores, os 150 euros que custa o menú en pleno centro histórico de Santiago do Restaurante Orixe están máis xustificados. Todo para celebrar unha noite diferente que levan días preparando tamén en hoteis e salas de festa nas que inclúen ademais cotillón e barra libre.
A festa continuará para moitos outros en pubs ou discotecas. Este ano a maioría dos establecementos hostaleiros en Santiago notaron unha baixada de clientes portugueses, moi habituais nestas datas, xa que no país veciño comezan a celebrarse cada vez con máis forza as ceas de gala de Noitevella.