Cargando resultados...
A Asociación Solpor difunde en FITUR as rutas da Costa da Morte
Destacou o patrimonio material e inmaterial dunha zona que é especialmente rica en gastronomía e paisaxe

G24.gal
22/01/2025 19:44
Representantes de Solpor, a Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago Fisterra-Muxía estiveron tamén en Fitur promovendo as rutas do Camiño pola Costa da Morte, destacando o patrimonio material e inmaterial dunha zona que é especialmente rica en gastronomía e paisaxe, e que se ofrece como unha grande experiencia para os peregrinos.