Caos nos trens de proximidade de Madrid por unha avaría no sistema de sinalización
Os pasaxeiros da liña C8 estiveron pechados nos vagóns unha hora, logo saltaron ás vías e a pé chegaron á estación de Atocha
No interior dos vagóns vivíronse momentos de angustia, ía moita calor e algúns viaxeiros comezaron a encontrarse mal
Levaban unha hora encerrados nos vagóns, sen información, cando un dos pasaxeiros acciona o sistema de alarma e todos abandonan o tren saltando ás vías, e a pé foron chegando á estación de Atocha. Ocorreu nun dos trens de proximidade da liña C8 de Madrid.
Como se pode ver nos vídeos que gravaron os propios viaxeiros e que logo colgaron nas súas redes, o tren ía moi cheo. Os pasaxeiros aseguran que ía moita calor, que apenas tiñan aire e que algunhas persoas empezaron a sentirse mal, polo que viviron momentos de angustia.
En masa camiñan durante máis de cinco minutos polas vías ata alcanzar a estación de Atocha, isto obriga a interromper a circulación ferroviaria provocando numerosos atrasos no resto das liñas.
Ao parecer, unha avaría na sinalización foi o que provocou que o tren estivese parado tanto tempo.