Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro anos de cárcere para un home que abusou sexualmente do seu sobriño de dez anos

Catro anos de cárcere para un home que abusou sexualmente do seu sobriño de dez anos

O tribunal ditamina que é o autor de dous delitos sexuais cara ao menor

Tras a súa saída do cárcere, o home pasará un ano en liberdade vixiada

Imaxe de arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra/EP Imaxe de arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra/EP
G24.gal 10/12/2024 12:34

A Audiencia de Pontevedra acaba de condenar un home a catro anos de prisión polo abuso sexual do seu sobriño. En 2021, cando sucederon os feitos, o menor tiña dez anos de idade.

O tribunal ditaminou que é autor de dous delitos de abusos sexual, aínda que se lle aplica a atenuante recollida no Código Penal por unha diminución das facultades intelectivas, por mor dun atraso mental leve, e volitivas.

Os maxistrados impuxéronlle tamén a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros do menor, ademais do domicilio, centro escolar ou calquera outro lugar frecuentado por el. Tampouco poderá comunicarse con el durante seis anos. Tras a súa saída do cárcere dentro de catro anos, o home pasará un ano en liberdade vixiada. 

A sentenza considera probado que o tío do menor, co que coincidiu no verán de 2021 en casa dos seus pais, realizou tocamentos á vítima e, tras espirse, abusou del. Aínda que o veredicto da Audiencia de Pontevedra non é firme, pode ser apelado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade