Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro feridos tras unha nova persecución policial en Vigo

Catro feridos tras unha nova persecución policial en Vigo

Este incidente produciuse tras outras dúas na cidade en menos de 24 horas

Parte do mobiliario urbano danado
G24.gal 02/01/2025 11:30

Un coche da Policía Local impactou contra outro turismo na avenida da Gran Vía, en Vigo, que rematou con catro persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas ao hospital como consecuencia do sinistro, que deixou tamén parte do mobiliario urbano danado.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Vigo, pero non foi necesario que empregasen o material específico para liberar os ocupantes que nun primeiro momento quedaran atrapados.

Este incidente produciuse tras dúas persecucións policiais en Vigo en menos de 24 horas, unha na parroquia de Alcabre, en Vigo, onde os axentes detectaron un vehículo circulando a 122 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50, que rematou co coche chocando contra outro vehículo estacionado e outro que tamén protagonizou unha persecución polas rúas de Vigo e foi detido na xornada de onte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade