Cea de celebridades pola exposición de Irving Penn: de Linda Evangelista a Eugenia Silva
Este venres está prevista a visita para os medios de comunicación, que contará coa intervención do comisario da mostra Jeff L. Rosenheim, mentres que o sábado será a apertura oficial ao público

Modelos como Linda Evangelista e Eugenia Silva, o director de cinema Luca Guadagnino ou o arquitecto David Chipperfield acudiron á cea organizada este mércores pola presidenta de Inditex, Marta Ortega, pola inauguración da exposición sobre o fotógrafo Irving Penn na Coruña.
O hotel Finisterre da Coruña foi o escenario do desfile de celebridades convidadas por Marta Ortega para coñecer a mostra Irving Penn: Centennial unhas horas antes da súa apertura oficial ao público, prevista para este sábado no Peirao de Batería da cidade.
Pola noite, a tradicional festa que reúne supermodelos, actores e deseñadores, entre moitos outros, na Coruña para dar o disparo de saída á exposición fotógrafica.

A modelo Eugenia Silva é unha habitual nestes encontros que adoita organizar a Fundación MOP na cidade xusto antes das inauguracións.
A de Irving Penn é a cuarta exposición que impulsa a Fundación da presidenta de Inditex tras as de Peter Lindbergh, Steven Meisel e Helmut Newton.
Este venres está prevista a visita para os medios de comunicación, que contará coa intervención do comisario da mostra Jeff L. Rosenheim, mentres que o sábado será a apertura oficial ao público.
Irving Penn: Centennial poderase visitar en terreo portuario ata o 1 de maio de 2025.