Cargando resultados...
Cedeira chegou aos 29 graos de madrugada, a máxima en Galicia
Foi unha noite tórrida, coas mínimas por riba dos 25 graos
G24.gal
07/10/2023 14:26
Última actualización 07/10/2023 17:06
Nalgúns puntos de Galicia a calor non concedeu unha tregua tampouco pola noite. É o caso de Cedeira, onde custou concililar o sono coa mínima superando os 25 graos.
Os cedeirense pasaron unha noite tórrida e aturaron a temperatura máis alta de toda Galicia: ás cinco da mañá os termómetros marcaban 29 graos. É unha temperatura totalmente inusual que afectou ao descanso de moitos veciños e que tivo continuidade durante o día. Como en practicamente toda Galicia, a máxima volveu situarse por riba dos 30 graos.