Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mozos acampados no interior da intermodal trasladan a súa protesta ao exterior das instalacións

Os mozos acampados no interior da intermodal trasladan a súa protesta ao exterior das instalacións

G24.gal 29/09/2026 07:37

Centos de mozos concentráronse este luns nunha improvisada sentada na intermodal de Santiago para reclamar unha vivenda digna e un decreto contra os desafiuzamentos.

A acción reivindicativa, convocada polo Sindicato de Vivenda de Compostela, comezou na Alameda e os participantes, tras percorrer varias rúas da cidade, corear consignas coñecidas como "Casas para vivir, non para investir" e protestar co son das chaves que portaban, dirixíronse á estación.

"A vivenda é un dereito e tomaremos as rúas", dixo un portavoz. Arredor de medio cento de persoas pasaron a noite no interior das instalacións. Pola mañá, a policía convidounos a trasladar as súas protestas ao exterior. O desaloxo produciuse sen altercados.

A convocatoria coincide coa acampada da Porta do Sol de Madrid en contra do desaloxo de Maricarmen e cadrando coas negociacións do decreto de vivenda por parte dos socios do Goberno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade