Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claves para un desprazamento seguro con neve ao volante

Claves para un desprazamento seguro con neve ao volante

Información, precaución e ter o coche en bo estado, os mellores consellos dos expertos  

G24.gal 16/01/2023 19:55 Última actualización 16/01/2023 20:06

Chega o frío invernal, e como cada ano repítense os consellos para unha condución segura en caso de nevarada. E o primeiro destes consellos é saber por onde irmos circular.   

O vehículo debe estar sempre en perfecto estado de conservación para afrontar o perigo que supón conducir por unha estrada esvaradía e con pouca visibilidade. 

Os pneumáticos son un elemento esencial á hora de conducir con neve porque o frío reduce as súas prestacións. A Axencia Galega de Emerxencias e tamén Tráfico lembran a importancia de dispoñer de cadeas porque o importante, din, é que o noso vehículo vaia agarrado ao asfalto en todo momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade