Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cincuenta anos da maior traxedia aérea da aviación civil en Galicia

Cincuenta anos da maior traxedia aérea da aviación civil en Galicia

Un avión con 85 persoas a bordo estrelouse na Coruña o 13 de agosto de 1973 por un erro do piloto na manobra de aproximación a Alvedro con néboa

Non houbo sobreviventes no accidente

Imaxes do accidente do avión de Aviaco en Montrove, A Coruña/ Arquivo
G24.gal 13/08/2023 10:12

Un avión de Aviaco, compañía xa desaparecida, que conectaba Baraxas con Alvedro impactou durante o seu descenso cara ao aeroporto da Coruña tras cntactar coa torre de control contra un pazo en Montrove, na localidade de Oleiros.

Faleceron as 85 persoas que ían abordo. O controlador de servizo na terminal coruñesa fixo unha chamada que quedou sen resposta. "Aviaco 118, de Torre da Coruña, recíbeme?". Pasan catro minutos ata as 11:42 do 13 de agosto de 1973 en que un comunicante anónimo dá a resposta.

O avión estrelouse contra unha casa en Montrove, a tan só un par de quilómetros da pista. Pasaron xa 50 anos, pero o accidente segue na memoria de todos.

O piloto realizou ata catro intentos para encontrar algún claro que lle permitise atravesar a espesa néboa que cubría esa fatídica xornada A Coruña.

A traxedia aérea da Coruña cobrou a vida de todas as persoas a bordo: 79 pasaxeiros e 6 membros da tripulación. O voo engalara de Madrid ás 9:14 da mañá e, ao chegar á Coruña, atopouse cunha densa néboa que reduciu a visibilidade a tan só 350 metros.

O comandante da aeronave, Rafael López Pascual, con 34 anos de idade e unha vasta experiencia de voo de 8.600 horas, realizou tres intentos de aproximación, descendendo ata os mínimos en cada ocasión. Con todo, en todas as ocasións, as condicións obrigárono a abortar a aterraxe e regresar ao VOR, á espera dunha mellora na visibilidade.

Nun breve respiro na néboa, a torre de control reportou unha visibilidade vertical de 300 metros e horizontal de 1.500 metros. Con esta información, o Caravelle, o primeiro turborreactor comercial francés, creado en 1955, iniciou o seu tráxico cuarto intento de aproximación ás 11:38 horas.

Lamentablemente, o avión descendeu demasiado, impactando un dos seus planos contra un grupo de eucaliptos que estaban preto de onde está agora un depósito de auga, nun alto de Montrove. O aparello precipitouse cara ao chan e finalmente estrelouse na área do pazo do Río, situado un pouco máis abaixo.

A peor traxedia aérea da aviación civil en Galicia

O avión incendiase tras o impacto e remata estrelándose contra o pazo do Río onde estaban a traballar dous operarios. De milagre ningún deles sufriu danos. Todos os ocupantes do aparello de Aviaco morren no acto, calcinados,  agás un membro da tripulación que morre horas despois no hospital.

En Montrove os veciños corren desesperados nun intento baldío por axudar con mantas ata o lugar de onde sae unha densa columna de fume. A envergadura da traxedia deixa o seu intento en nada.

Foron os primeiros en chegar ao lugar do accidente, presenciando escenas espantosas de destrución e perda de vidas. Os seus testemuños pintaron un cadro aterrador, con corpos carbonizados e escenas de devastación que perduran nas súas memorias.

A axuda desinteresada dos veciños foi encomiable, con moitos deles deténdose para ofrecer asistencia nos momentos posteriores ao accidente. Pronto chegou a Garda Civil para acordoar a zona e xestionar a situación. Os bombeiros de Ferrol chegaron antes que os da Coruña, lembra unha veciña de Montrove, medio século despois.

Sen ambulancias, calquera vehículo serviu para o traslado de restos que ían aparecendo. Ante a falta de probas de ADN e sen a obrigatoriedade de inscribirse con nomes e apelidos para viaxar, 42 persoas non puideron ser identificadas e acabaron nunha foxa común no cemiterio de San Amaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos