Comezan as visitas guiadas ao novo Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas
Un percorrido pola historia relixiosa do municipio a través de 150 pezas singulares que recolleron en todas as parroquias de Castro Caldelas
Visitamos hoxe o Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas, un novo espazo que acaba de abrir ao público e no que se pode ver unha colección única con máis de 150 pezas que fan un percorrido pola historia relixiosa do municipio desde a época romana ata a actualidade.
Comezan as visitas guiadas co historiador que axudou a facer realidade o novo Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas. Está na igrexa de Cimadevila e conta con máis de 150 pezas únicas recollidas en todas as parroquias do municipio.
As visitas guiadas desenvolveranse todos os venres, sábados e domingos, e poden reservar a entrada na oficina de turismo, situada no Castelo.