Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estes son os consellos clave para conducir en condicións adversas

Estes son os consellos clave para conducir en condicións adversas

Previamente cómpre revisar o estado xeral do vehículo: pneumáticos, luces, limpas, etc 

G24.gal 29/12/2022 22:18

A algúns como Noa tócalles facer as prácticas de conducir no máis cru inverno galego, con tráfico denso entre fortes precipitacións, calzadas esvaradías e mala visibilidade.

Por iso Fernando, o seu profesor, aproveita para darlle as nocións mínimas de condución en condicións adversas.

O primeiro é revisar o estado do vehículo, comenzando polos pneumáticos, presión e debuxo, como nos explica Fernando Alonso, profesor de autoescola.

"O ideal é que teñan entre 2 e 3 mm como mínimo. Tamén os limpaparabrisas, os cristais e as luces para ver e que te vexan"

Unha vez ao volante, cómpre axeitar a velocidade ás condicións e concentrarse ben ante a mala visibilidade.

"En condicións adversas unha luz de longo alcance non é boa, perdemos visibilidade coa reflexión da luz, mellor luz de cruce para que non se eleve demasiado".

A condución debe ser o máis tranquila e suave posible, aumentando a distancia co vehículo que nos precede e sempre coa correcta suxeición do volante.

"Con xeo, non facer movementos bruscos sempre con moita calma e as aceleracións e freadas con suavidade. Coa chuvia torrencial, ás veces, cómpre deter o vehículo e parar nun lugar seguro".

O exceso de velocidade e as distraccións son as causas principais dos accidentes de tráfico mortais en Galicia. E o alcol o maior factor de risco pero como aconsella Fernando...

 "Cando se toma unha copa, non conducir".

A súa alumna Noa, a piques de quitar o carné de conducir, leva ben aprendida a lección.

"Coa práctica e con paciencia pois valas adquirindo e levando a cabo na vida cotiá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade