Coñecemos as consecuencias de Domingos nos campos de Ponte Caldelas e de Ponteareas
O Galicia en goles conversou cos presidentes do Ponte Caldelas, Pedro Rodríguez, e do Xuvenil de Ponteareas, Pedro Alfaro

As consecuencias do paso da borrasca Domingos non só se notan nos adiamentos con cancelacións de eventos deportivos, senón tamén cos danos materiais en instalacións. As máis virais e graves foron as que sufriron en Beluso, Pontecaldelas ou Ponteareas.
O desbordamento do río Verdugo esnaquizou o céspede artificial do campo municipal Chan de Barcia. O presidente do club Pedro Rodríguez falou na Radio Galega.
"Son máis de 200 nenos, equipos femininos, de veteranos, que hai que recolocar. É impresionante o que vin cando cheguei pola mañá, ata chorei da emoción. Pedimos axuda a todas as institucións e agradecemos a todos aqueles que xa se están ofrecendo para darnos acubillo. Hai que pensar cal pode ser a solución, porque se o arranxas e o ano que ven volve a pasar o mesmo, son moitos cartos investidos".
Imaxes tamén impactantes as do Campo Municipal de Pardellas en Ponteareas, totalmente asolagado. O presidente do xuvenil de Ponteareas Pedro Alfaro tamén falou no Galicia en goles.
"Xa acontecera o ano pasado. Pero contan os máis vellos que nunca a auga chegara ata tan arriba. Temos moitos equipos que hai que recolocar, máis de 300 equipos. Xa tivemos tamén unha hai unha semana. Recibimos a axuda do concello de Salvaterra para poder usar outras instalacións".