Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os encontros adiados a pasada fin de semana xogaranse o xoves 17 de abril

Os encontros adiados a pasada fin de semana xogaranse o xoves 17 de abril

O martes 4 de marzo disputaranse os partidos suspendidos correspondentes á 18ª xornada da Liga Nacional Xuvenil Grupo 1

G24.gal 29/01/2025 13:57 Última actualización 29/01/2025 14:01

Xa hai datas para todos os encontros aprazados a pasada fin de semana en Galicia debido á alerta decretada pola Xunta de Galicia por un fenómeno meteorolóxico adverso.

A xuíza de competición da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) acaba de fixar o xoves 17 de abril (festivo) como data de celebración dos partidos suspendidos correspondentes á 19ª xornada da Terceira Federación Grupo 1.

Así mesmo, o martes 4 de marzo disputaranse os partidos suspendidos correspondentes á 18ª xornada da Liga Nacional Xuvenil Grupo 1 dos equipos que non presentaron acordo de celebración.

 

O Comité de Competición da RFGF tamén acaba de fixar as datas para a celebración dos encontros aprazados a pasada fin de semana do 25 e 26 de xaneiro nas competicións de ámbito autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade